O rianxeiro José Carou presenta na súa terra, o día 15, o libro do poemas Hemisferio auga

07 Maio 2021

Rianxo será estes días un fervedoiro literario, coincidindo co mes de maio e a celebración do 17. O día 15 ás 19.30 horas, sen ir máis lonxe, o salón de actos do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo vai dar acubillo á presentación do libro do poemas Hemisferio auga, do escritor rianxeiro José Carou Rey, que participará no acto xunto con Salvador Laíño (ilustrador) e Adolfo Muíños Sánchez (alcalde de Rianxo).

Amais, haberá unha lectura de poemas a cargo do escritor Anxo Muíños. Hemisferio auga é un poemario editado por Medulia que é un tributo á auga en todas a súas feituras e dimensións (bágoa, mar, chuvia, música, eixo condutor destes poemas). En palabras da editorial, o poemario vén sendo unha “sorte de caderno de bitácora doído polo desamor”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...