O PSOE de Noia pide que se substitúan os quitamedos da ponte do Campo

31 Maio 2021

O PSdG-PSOE de Noia vén de anunciar que solicitará melloras de seguridade na ponte do Campo de Noia. En concreto, pedirá que se substitúan as varandas metálicas de protección (quitamedos) instaladas recentemente por mor da obra da rotonda do peirao.

O grupo entende que “en troques de instalar uns novos quitamedos, a obra que se está a realizar a día de hoxe debera aproveitar para instalar outro sistema menos perigoso, tanta para as persoas que utilizan a ponte a pé, como para as bicicletas ou motocicletas que cruzan pola estrada, sendo un lugar moi transitado para ir as praias ou ben cara a Boiro”.

Os socialistas sinalan que estes dispositivos de seguridade estanse a retirar en múltiples estradas por todo o territorio nacional, “polo perigo que supoñen en caso de accidente”.

Tamén lembran que estes avisos sobre os problemas de seguridade na ponte xa veñen de antigo, xa que o propio grupo alertou en varias ocasións “do mal estado no que se atopa actualmente a construción sobre o río que conecta co Campo de Noia, onde as varandas presentan un estado de corrosión moi elevado, e onde a altura dos quitamedos, cos bordos cortantes, é moi perigosa no caso de que haxa unha caída, nunha ponte por onde transita unha gran cantidade de persoas”, explican.

O voceiro Roberto Iglesias, explica que “co tempo que leva a obra desta rotonda, que xa é denominada a rotonda eterna, consideramos que se puideron estudar outras alternativas máis estéticas co entorno histórico, e sobre todo, máis seguras para as persoas que cruzan a ponte a diario”.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“En todo tempo. Os libros das Letras”. Pilar Sampedro

“En todo tempo. Os libros das Letras”. Pilar Sampedro

Cada ano e sobre o autor ou autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas aparecen unha serie de libros destinados ao lectorado infantil e xuvenil, especialmente para ser traballados na escola. Neste 2026 homenaxeamos a Begoña Caamaño, unha escritora que publica...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.