O proxecto Re-mar de AMICOS presenta os resultados da súa primeiraparte

Esta mañá Amicos realizou un webinar de RE-MAR para presentar os resultados desta primeira etapa do proxecto.
“RE-MAR busca reforzar o vínculo entre os sectores pesqueiros e máis estreitamente ligados aomar, a poboación local e os visitantes das nosas costas, todo elo, liderado polas persoas con discapacidade”, iniciaba a presentación, Digna Iglesias, Vicepresidenta da Asociación Amicos.
Nesta proxección interviu Javier Remiro, coordinador da Fundación Biodiversidad, que explicou o Programa pleamar e como o Fondo Europeo Marítimo de Pesca (FEMP) fixo posible darlle vida a RE-MAR. “Amicos comparte nuestro entusiasmo por un mar más verde y un planeta más azul, poniendo en marcha el Programa pleamar”, indicaba Javier.
Esta iniciativa non sería posible sen o Parque Nacional Marítimo – Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, xa que se converteu no noso socio. Jose Antonio Fernández (Pepín), Director Xeral do Parque, explicou as iniciativas que fixemos conxuntas: “Conseguimos un modelo de desenvolvemento inclusivo baseado na conservación do entorno litoral e mariño das nosas reservas naturais”.
Dentro das accións de divulgación e sensibilización que levamos a cabo, contamos coa participación de centros educativos que se sumaron a recollida de lixo das praias. Gustavo Romero, Director do CEIP Santa Baia, non se quixo perder esta xornada. O seu colexio foi un dos participantes para axudar a concienciación dos máis pequenos da casa no coidado do medioambiente e na inclusión social das persoas con discapacidade.
As Cofradías de Pescadores como a de Cabo de Cruz, Rianxo, Aguiño e a Illa de Arousa participaron moi activamente durante todo o programa nas accións de recollida e na consecución de boas prácticas na xestións dos residuos das súas embarcacións. “Sensibilización, sensibilización e sensibilización”, é no que considera que hai que incidir Manuel Pérez, patrón maior da cofadría de Cabo de Cruz. “Estamos moi agradecidos de poder colaborar con asociacións como Amicos para seguir conservando o medioambiente”, así se sumaba Juan José Rial Millán, patrón maior da Cofradía da Illa de Arousa ás palabras de Manuel.

O programa tamén contou coa axuda de diferentes entidades empresarias como Ardora que nos
axudou a construir a Guía de Boas Prácticas e o Selo Buque Azul. Tamén Ecoplanin, que elaborou
titorías para o Campus Virtual de RE-MAR: “Non podemos normalizar un mundo cheo de lixo”,
indicaba Miguel Fernández, xestor ambiental de Ecoplanin. A empresa Esquío, púxonos en
marcha unha App para xeolocalizar residuos, avistamentos de aves e incluso retos ambientais.
Dende Amicos, Macarena Fernández, participante con discapacidade e beneficiaria do proxecto
quixo concluir explicando todos os resultados que conseguimos.
A última intervención foi a de Tino López, técnico do Servizo de Desenvolvemento Pesqueiro, en
representación de Susana Rodríguez, Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.
Co traballo de todos logramos que RE-MAR sexa un proxecto exitoso e isto motívanos a seguir
apostando por este tipo de proxecto. Despois dun ano e medio, e despois de ter que suspender
por completo as colaboracións a causa da COVID-19, poder retomar os procesos participativos
con esta implicación e colaboración por parte de todos tivo moito valor para nós e por hoxe
quixemos recoller os froitos cos resultados.
RESULTADOS DE REMAR-I:
Esta primeira etapa levouse a cabo dende novembro de 2019 ata maio de 2021.

  • Accións de recollida de residuos no mar cun total de 475kg de lixos mariños recaudadas.
  • Dúas saídas de recollida con pescadores e mariscadores nas que participaron as
    Cofradías de Pescadores de Rianxo e da Illa de Arousa.
  • Dúas saídas con asociacións de buceo coas empresas Portosub e Náutica Medusa para
    facer limpeza de fondos.
  • Creación duna App de concienciación cidadá con cincuenta usuarios rexistrados.
  • Trinta e tres persoas formadas a través das accións formativas.
  • Un selo participativo de garantía Buque Azul con catro Cofradías de Pescadores: Cabo
    de Cruz, Rianxo, Aguiño e A Illa de Arousa. Vinte e unha auditorías realizas a
    embarcacións.
  • Tres saídas de recollidas de lixo con colexios: CP Santa Baia de Boiro, IES Espiñeira, CEIP
    plurilingüe de Abanqueiro.
  • Un xogo creado para as accións de divulgación e sensibilización: O xogo do lixo mariño.
  • Un Campus Virtual creado con formación online e tutoriais