O pleno de Lousame aproba o proxecto de mellora da estrada a Escabia

29 Maio 2021

O Concello de Lousame aprobou por unanimidade en sesión plenaria o proxecto técnico de mellora da estrada cara a Escabia, así como da relación de titulares de bens e dereitos afectados, aos efectos da súa expropiación. Segundo fixo saber a alcaldesa, Teresa Villaverde, “trátase dunha actuación que responde a unha demanda da veciñanza desta área e hoxe damos luz verde ao proxecto técnico de mellora, que xa ten o visto bo das diferentes administracións”.

O proxecto da Escabia contempla a mellora da accesibilidade e o traslado do eixo da vía nunha área que se derrubou previamente. A actuación conta cunha superficie de 2.350 m2 con vinte centímetros de saburra (zahorra) artificial procedente de canteira, quince de grava, rego de penetración e cinco centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa execución de movemento de terras necesario.

Tamén se pretende a execución de 260 metros de cuneta de seguridade, revestida de formigón e dun muro de 100 metros. Asemade, contemplase a canalización de 170 m de tubo de polipropileno. Completan a obra a sinalización horizontal con pintado de liñas en bordes e eixo e instalación dunha barreira de seguridade.

O Concello explicou que en función das características descritas no proxecto establecese un prazo de seis meses para a execución completa das obras dende a súa contratación.

O orzamento para a licitación do proxecto ascende a preto de 154.000 euros.

Neste pleno ordinario tamén se aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións do Concello de Lousame para o período de 2021 a 2023. Este documento, segundo se fixo saber na sesión, “é imprescindíbel para sentar as bases deste procedemento co que se dá resposta, con medidas de apoio financeiro, ás demandas sociais e económicas de entidades públicas ou privadas do municipio”.

A Corporación local tamén votou a favor da nova Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Lousame, que actualiza o documento aprobado hai 16 anos e adáptao á lexislación vixente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...