O PBBI presenta un rogo para instar ao Goberno á vacinación inmediata do colectivo mariñeiro

05 Maio 2021

O Grupo Municipal Partido Barbanza Independente (PBBI), por medio do seu portavoz Vicente Mariño de Bricio, presenta un rogo ao pleno da Corporación de Ribeira relativo á desprotección na que se atopan a día de hoxe os nosos mariñeiros embarcados con respecto á COVID-19. No rogo, a agrupación fai un chamamento ao Concello para que “inste á Administración competente a proceder de maneira inmediata a vacinación de todos os mariñeiros e profesionais da frota galega para que queden inmunizados e se eviten riscos futuros como os que levaron ao contaxio dos tripulantes dun pesqueiro do cerco con porto base en Aguiño”.

Segundo lembra a agrupación, o colectivo de traballadores dos nosos buques pesqueiros “teñen a dificultade engadida respecto doutros sectores profesionais como a imposibilidade de manter as distancias de seguridade a bordo e, ademais, participan na realización de mareas de varias semanas de duración sen poder recibir atención sanitaria e as prolongadas estadías en alta mar limitan a súa dispoñibilidade para acudir á subministración da vacina”.

O PBBI recorda que esta petición non é unha cuestión que se limite ao ámbito político, posto que son os propios tripulantes os que están a demandar que o Goberno de España proceda á vacinación de todos e cada un dos profesionais que están enrolados nun barco ou que teñen previsto facelo “para que poidan estar inmunizados e evitar situacións como a que se acaba de producir co referido brote en Aguiño”. A agrupación tamén fai saber que ao colectivo lles “é indiferente quen lles vacine”, xa sexa o Instituto Social da Mariña (ISM), que é a autoridade competente en materia de sanidade marítima en España, ou a Consellería de Sanidade, para o que é necesario que o Ministerio de Sanidade dea as ordes precisas para que o proceso de vacinación comece de contado.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.