
Todo o Parlamento galego –tras unha proposta do PPdeG– demandou ao Goberno central que realice as xestións necesarias #ante a Comisión Europea para a reapertura da pesqueira do lagostino.
Na comisión de Pesca, a portavoz de Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, lembrou o compromiso da Comisión Europea e España para solicitar no primeiro semestre de 2021 unha revisión da recomendación científica con base nos datos das campañas sobre o estado do recurso.
No tocante ao lagostino do Cantábrico, na área VIIIC, require a “formulación de negociacións coa Comisión Europea para establecer un TAC anual que permita a apertura e explotación da pesqueira en condicións sostibles e acordes cunha análise rigorosa do estado do recurso”.
Igualmente, a deputada popular ha reclamado, na comisión, “a adecuación de medidas técnicas de explotación que acompañen esta apertura”.



