O mercadiño de Aguiño abre este luns 10 de maio

06 Maio 2021

O Concello de Ribeira informou de que o vindeiro luns 10 de maio vai reabrir as súas portas o mercadiño de Aguiño.

Novamente os postos de venda emprazaranse na rúa Castelao, na contorna do campo de fútbol da Tasca. Ao igual que o ano pasado, aplicaranse os protocolos COVID en canto a separación entre postos, posta a disposición de dispensadores de xel, etc…

Estará aberto de 9 a 14 horas.

O Concello lembra que esta iniciativa xurdiu no ano 2018 “como unha maneira de axudar a dinamizar a localidade nas estacións de primavera e verán”. Normalmente adoita congregar cada luns arredor de corenta postos, habendo tanto de alimentación como de téxtil e complementos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.