O martes segue a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago- Barbanza. Onte acudiron na comarca o 97, 93%

03 Maio 2021

Continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza, preto de 9.300 veciños están chamados para vacinarse para este martes. Así no Hospital de Barbanza: serán 1.100 (De 60 a 69 anos).

Na Cidade da Cultura serán vacinadas 7.300 persoas (de 60 a 69) para o que se habilítarán 33 postos en total para administrar as vacinas no Gaiás pola mañá e pola tarde. Estará atendido por 84 Enfermeiras, 2 administrativos, 8 TCAES e 3 informáticos. No Hospital Clínico: 220 (De 70 a 79) e no Hospital de Conxo: 290 (De 70 a 79). Nos centros de saúde e en domicilios serán atendidas 380 persoas de 80 anos ou máis.

Na área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza lévanse administradas 195.527 vacinas fronte á Covid-19 ata onte 2 de maio.

Nas vacinacións masivas do domingo participaron: no hospital da barbanza o 97, 93% e na Cidade da Cultura o 97,4%.

Esredomingo faleceu no CHUVI un home de 62 anos que fora diagnosticado con coronavirus. Tiña patoloxías previas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.