O Laboratorio Ecosocial do Barbanza leva a Dodro a xornada As Brañas de Laiño, mudanzas impostas.

24 Maio 2021

O grupo de investigación HISTRAGA e a Fundación RIA (con sede principal en Corrubedo), impulsoras do proxecto Laboratorio Ecosocial do Barbanza, organizan este martes 25 presenta a xornada As Brañas de Laiño, mudanzas impostas en Dodro. O dito laboratorio de investigación-acción puxo especial atención nas Brañas de Laiño, en Dodro, como unha zona antano comunal que a través da reestruturación e protección, deixou de ser un espazo produtivo agrogandeiro, chegando case ata o seu abandono.

O Laboratorio Ecosocial do Barbanza enfoca seu traballo no pasado e no presente das comunidades locais co fin de impulsar os aproveitamentos sustentábeis do futuro. Así, vén de editar a obra colectiva Cando eramos sostibles, Aprendendo no Barbanza as claves do futuro, que se pode descargar de balde na súa web. Este traballo, a través de testimonios dos veciños e veciñas de Dodro, pretende transmitir a transición socioecolóxica do territorio.

Comparativa das Brañas de Laíño no 1956 e na actualidade

A devandita xornada, ademais de expoñer a investigación, servirá para presentar a convocatoria de Proxecto Semente, cos que o Laboratorio apoiará cun máximo de 15.000 € aqueles traballos que fomenten a sustentabilidade do territorio. Todos aqueles interesados en participar poderán facelo a través dun formulario dispoñíbel na páxina web do Laboratorio.

O acto terá lugar o martes 25 de maio no pavillón municipal de Dodro a partir das 19 horas e contará coa presenza do alcalde de Dodro, Xavier Castro, así como os promotores do proxecto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...