O documental Poeta nas marxes centrado en Xela Arias poderá verse en Ribeira

20 Maio 2021

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o fotógrafo Xulio Gil, presentaron este 20 de maio unha iniciativa para levar o legado da poeta homenaxeada este Día das Letras Galegas, a través do documental Xela Arias Poeta nas marxes, a 30 localidades da nosa terra, incluída Ribeira. Trátase dunha das accións do programa conmemorativo da festa do 17 de maio impulsado pola Xunta.

A iniciativa consiste nun programa de proxeccións audiovisuais do documental homónimo dirixido por Beatriz Pereira arredor da escritora. Como dixemos, foi presentado polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acompañado da directora e produtora do documental, Beatriz Pereira, e do fotógrafo Xulio Gil en representación da familia Arias Castaño.

Valentín García destacou que “con esta peza documental queremos facer partícipes da programación institucional das Letras a concellos e entidades da Rede de Dinamización Lingüística e á súa cidadanía para que a festa da lingua galega se estenda máis alá do propio 17 de maio, do mes das Letras, e teña presenza ao longo de todo o ano para mostrar e recoñecer a figura, a vida e a obra de Xela Arias”.

A partir dos testemuños de Marga do Val, Xosé María Álvarez Cáccamo, María Xesús Nogueira, Manuel Bragado, Susana Trigo e Humberto Heredia, o documental percorre a vida e obra da homenaxeada no día das Letras deste ano.

As proxeccións, dirixidas a todos os públicos desde os 12 anos de idade, chegarán desde este mes ata outubro aos concellos de Sarria, Folgoso do Courel, Xinzo de Limia, A Pobra de Trives, Moaña, Tomiño, Marín, Ribeira, Melide, Lalín, Monforte de Lemos, O Pereiro de Aguiar, O Carballiño, Cabana de Bergantiños, Viveiro, Mondoñedo, Ferrol, Lobios, Vilalba, Ponteareas, Fene, Mazaricos, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ordes, Sanxenxo e ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, todos eles pertencentes á Rede de Dinamización Lingüística.

Toda a información e calendario están xa dispoñíbeis no Portal da Lingua Galega e na Axenda de Cultura de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.