O Concello de Ribeira denunciará a un veciño por ameazar á edila que dimitiu

19 Maio 2021

O Concello de Ribeira está tomando as medidas legais oportunas en orde a denunciar a un cidadán do municipio polas graves expresións escritas nas redes sociais contra Ana Ruiz Reiriz, a edil da Corporación que onte anunciou a súa dimisión tras a celebración o sábado pasado dunha festa por parte de 24 rapaces, o seu fillo entre eles, nun local en Bandourrío do que é co-propietaria.

O individuo en cuestión —que tras proceder á súa identificación resulta ser un veciño de Deán de 51 anos— escribiu presuntamente os seguintes comentarios a dúas noticias aparecidas en Facebook: “Que a maten a pedradas, ostia pa tipeja.” e “Podían empezar por colgala do balcón do ayuntamiento xa que a palmera xa non está.”.

Os servizos xurídicos do Concello estudan denuncialo por ameazas e por expresións que incitan ao odio e a violencia contra unha muller que, a xuízo do equipo de goberno, vén de ofrecer un exemplo de responsabilidade pouco común na política ao recoñecer o seu erro e presentar voluntariamente a súa dimisión.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.