O Centro Lustres Rivas acollerá charlas sobre Soledad Penalta, Xoán Fernández, Manuel Ayaso e Alfonso Costa

15 Maio 2021

O Lustres Rivas de Ribeira é esta tempada un fervedoiro de actividades culturais e creativas. Este mes de maio, amais do programa das Letras Galegas propiamente dito e a xeito de complemento da exposición Cinco artistas do Barbanza, as dependencias acollerán unhas xornadas culturais arredor dos catro creadores contemporáneos presentes na devandita mostra (do que tamén forma parte Castelao). Estamos a falar de Soledad Penalta, Xoán Fernández, Manuel Ayaso e Alfonso Costa.

As xornadas veñen da man do Concello, que fai saber que este xoves 20 de maio, ás 20.30 horas, está prevista unha charla sobre a escultora Soledad Penalta a cargo de Juan Monterroso Montero e, a continuación, Xosé Antonio Ventoso Mariño falará sobre o pintor Xoán Fernández.

Soledad Penalta nunha imaxe da súa web, soledadpenalta.com

Unha semana máis tarde, o xoves 27 ás 20.30 horas, Manuel Cartea disertará sobre Manuel Ayaso e Eva Veiga sobre Alfonso Costa.

O aforo estará limitado a 20 asistentes. Será imprescindíbel reservar con antelación enviando un correo a culturaefestexos@ribeira.gal indicando nome, apelidos, número de asistentes e teléfono de contacto.

Colaboran a Fundación Museo de Artes e a Asociación Barbantia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.