O BNG traslada ao Parlamento a súa negativa ao feche das oficinas de Abanca na Barbanza

18 Maio 2021

O BNG compareceu este 18 de maio para presentar unha iniciativa que levarán ao Parlamento de Galicia na que expoñen seu rexeitamento ao feche das oficinas de Abanca de Palmeira e Escarabote.

Dende o BNG explican que “tralas fusións e contradicindo as normas de competencia, as entidades pactaron horarios de caixa obrigando ás e aos usuarios a ir nas primeira horas da mañá”. Ademais declaran que “as enormes colas non se deben á limitación de aforo senón á falla de persoal”. Isto orixinou que, a pesar das mobilizacións veciñais, Abanca continúa co seu propósito de pecharas oficinas que ten en Palmeira (Ribeira) e en Escarabote (Boiro).

Esta situación, segundo os nacionalistas, prexudicaría ós veciños de ambos os dous lugares á hora de operar e realizar trámites en Abanca. “Isto vai a provocar que os cidadáns dependan doutras persoas para operar de xeito dixital, por exemplo. Ademais da perda de servizos para a poboación, isto tamén ocasionará a perda de postos de traballo”, afirman dende o BNG.

Ante iso, o Bloque vai demandar no Parlamento de Galicia a realizar todas as accións precisas diante da dirección de Abanca para evitar o peche das oficinas de Palmeira e Escarabote, Ademais pedirán exercer as súas competencias exclusivas en materia de consumo para garantir que Abanca preste servizos de calidade, co persoal e coa poboación.

Outros artigos

O Mercado Municipal de Ribeira convértese nun espazo cardioprotexido

Ribeira conta cun desfibrilador nunha das súas instalacións municipais: o mercado da cidade. Trátase dunha medida que pon en marcha o Concello para “seguir incrementando os espazos cardioprotexidos do municipio respondendo a criterios como os de maior concorrencia,...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.