O BNG presenta unha iniciativa parlamentaria para desbloquear a aprobación do PXOM noiés.

03 Maio 2021

O grupo do BNG no Parlamento galego, a instancias da deputada Rosana Pérez, vén de rexistrar unha batería de preguntas ao Goberno pola extraordinaria demora que está sufrir o municipio de Noia no proceso de aprobación do ser Plan Xeral de Ordenamento Municipal, “un PXOM que se aprobou inicialmente no ano 2013 polo pleno do Concello e provisionalmente no ano 2016, xusto antes da entrada en vigor da Lei do Solo”, explica o BNG engadindo que “ao non estar aprobado o PXOM o concello de Noia conta aínda a día de hoxe cunhas Normas Subsidiarias de Planeamento de hai máis de 30 anos (1990)”.

Pola súa parte, o portavoz do BNG en Noia, Ricardo Suárez, lembrou que “O PXOM é un elemento fundamental para planificar o desenvolvemento do termo municipal e a súa inexistencia non só lastra o futuro senón tamén o presente de Noia, ao impedir que avancen actuacións tan necesarias como a ampliación do polígono industrial”. Os nacionalistas sinalan ademais que “debido ao tempo transcorrido dende o comezo da súa tramitación, dende o 2010, a estas alturas o PXOM xa corre o risco de se quedar vello porque as necesidades do concello tamén van mudando”.

O BNG preguntará en sede parlamentaria cales son os motivos polos que o PXOM do concello de Noia aínda non está aprobado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Outros artigos

Este 18 de xullo comeza a 26 edición da Feira Medieval de Noia

A área de Cultura do Concello de Noia que dirixe Pepe Pérez compartiu nas redes o cartaz da vixésimo sexta edición da Feira Medieval de Noia, que terá lugar nas rúas históricas da vila os días 18, 19 e 20 de xullo. Ao longo desta semana, o dito departamento irá...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.