O BNG de Ribeira trasladará as peticións para mellorar o firme, a iluminación e limpeza dos aparcadoiros

06 Maio 2021

O BNG de Ribeira trasladará as peticións veciñais para mellorar o firme, a iluminación e limpeza dos aparcadoiros. De feito, Pérez Barral denuncia que os terreos alugados teñen fochancas, carecen de iluminación e están cheas de lixo.

Segundo a formación, “non fai falta máis que ver os aparcadoiros, para apreciar que é necesario, mellorar o seu firme, rozar a vexetación, retirar os cascallos de obra e o lixo que teñen, así como mellorar a súa iluminación”. Na mesma liña, Luís Pérez Barral, sinala que “para que os aparcadoiros sexan unha alternativa onde deixar o coche, hai que terlle un firme axeitado evitando que sexan unha lameira os días de chuvia e unha zona de terra e po no verán”.

Ao mesmo tempo, o concelleiro nacionalista remarcou que “ante as declaracións feitas por Ruiz nos días pasados, o Bloque oporase á súa privatización e defenderá a xestión pública do Centenario para poder poñelo a disposición da veciñanza con tarifas reducidas e bonificacións para aquelas persoas que merquen no comercio local”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.