O BNG de Ribeira propón declarar Ben de Interese Cultural a histórica Fábrica de Cerqueira en Bandourrío

21 Maio 2021

O concelleiro do partido nacionalista en Ribeira, Luís Pérez Barral, presentou este 21 de maio, no barrio de Bandourrío, perante a histórica Fábrica de Cerqueira, as propostas da súa agrupación para permitir a conservación e a posta en valor do dito complexo industrial, agora que se confirmou o traslado da produción ao Polígono de Rianxo. Pérez Barral laiouse de que “na parroquia de Santa Uxía de Ribeira non se conserven demasiadas mostras dese pasado ligado ao mar nin da arquitectura popular galega”. Por iso, vai propoñer no pleno que se apoie a proposta para declarar a fábrica Ben de Interese Cultural.

De feito, Pérez Barral enumerou unha importante cantidade de edificacións tradicionais derrubadas para construír outro tipo de edificacións, entre as que destacou a perda arquitectónica e patrimonial do secadeiro de Colomer ou da antiga Casa Consistorial de comezos do século XX .

Segundo explica o concelleiro “non se poderá recuperar o que se perdeu pero si temos na nosa man a posibilidade de conservar e manter o que aínda segue en pé, contribuíndo a manter viva a identidade orixinaria da nosa vila”. Así, dende o BNG pretenden protexer a fábrica de Cerqueiras polo valor patrimonial e industrial que ten.

Con esta proposta, desde o BNG desexa “contribuír a manter a identidade única dunha fábrica situada no corazón da vila, garantindo a preservación da súa arquitectura singular e, ao mesmo tempo, permitindo que a súa actividade de transformación dos produtos do mar e de xeración de emprego sigan adiante”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...