O BNG de Noia impulsa unha nova ordenanza local a prol do galego

21 Maio 2021

O BNG de Noia vén de anunciar que votará na vindeira sesión do pleno unha ordenanza que regule o uso do galego. A regulación pretende facer do galego o idioma vehicular da Administración local, ademais, tamén pretende o fomento e normalización do idioma galego na sociedade civil.

Ricardo Suárez, voceiro da agrupación noiesa do BNG

Así, en virtude da dita iniciativa, o Concello de Noia fomentará o galego mediante a súa utilización como lingua normal de comunicación de entrada na atención ao público, na documentación e actuación administrativa.

“Deste xeito”, informa o BNG, “Noia seguirá o exemplo de Carballo ou Ames, que contan xa na actualidade con ordenanzas similares para o impulso da lingua galega”.

Así mesmo, a corporación votará por unha modificación do imposto de circulación para bonificar os vehículos eléctricos e híbridos, logo de que o BNG chegara a un acordo cos grupos do Goberno para establecer dita bonificación no 50% e por un período de 8 anos.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.