O aparcamento municipal de Boiro pechará polas tardes a vindeira semana para a execución de obras

14 Maio 2021

O Concello de Boiro vén de informar de que o aparcamento municipal ficará pechado polas tardes a vindeira semana para a a execución das obras de mellora e mantemento no Mercado Municipal, coas que tamén se vai actuar sobre o estacionamento da praza de Galicia que dá servizo a dito mercado.

As tarefas previstas nas instalacións do aparcamento contemplan a dotación de pérgolas nos accesos para a protección da choiva tanto na entrada como na saída e, tamén, para facilitar o acceso de peóns e evitar a entrada de auga da choiva nas instalacións.

Aproveitando que a instalación vai estar pechada para que os operarios poidan traballar, o Concello de Boiro vai levar a cabo outras tarefas de mantemento e limpeza xeral da instalación que non se poden realizar con facilidade cando as instalacións están en uso.

En concreto, pechará entre o martes día 18 e o venres día 21 en horario de tarde, a partir das 15.00 horas, para que os operarios poidan realizar os traballos previstos nos dous accesos e tamén levar a cabo tarefas de limpeza xeral da instalación.

Outros artigos

Deputadas nacionais do Psoe visitan AMICOS en Boiro

Ás representantes políticas no Congreso acompañáronas o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, e o concelleiro de Política Social, Raúl Treus Paula Mª Fernández e María Montserrat García visitaron a tarde deste martes, 14 de maio, as instalacións do Centro de Atención...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

“Nun dezasete de maio…” – Manuel Domínguez

No dia 17 de maio de 2019 veu a este mundo, não sei se era menino ou menina, uma vida muito especial, uma vida que nos incentiva a viver, a lembrar, uma vida que mantém a esperança de um projeto vivo. Já são 5 anos, no mundo da informação, dia a dia, onde a notícia é...