O 18 de xuño preséntase en Rianxo Romanza de los naranjos en Flor de Juan Galan

28 Maio 2021

O próximo venres 18 de xuño presentarase a novela Romanza de los naranjos en Flor, de Juan Galan. O acto, que se enmarca no programa Xuño Cultural 2021, terá lugar na Sala Arcos Moldes do Centro Sociocultural, ás 20:30 horas. Nesta ocasión estarán presentes Carlos de Jesús Cimadevila, profesor e activista sociocultural, e Adolfo Muíños Sánchez, alcalde de Rianxo.

Romanza de los naranjos en flor ten lugar durante a Guerra Civil Española. A obra é unha combinación dunha novela histórica e unha novela de intriga. Por iso, conta cunha estrutura complexa, con varias voces narrativas, saltos no tempo adiante e atrás, e inclúe, ademais da narración e os diálogos, entradas nun caderno como diario, cartas, reportaxes e noticias xornalísticas.

A novela narra a a historia de dous personaxes, Alfonso Castro Weiss, falanxista coruñés, avogado e fillo dun republicano nado en Ferrol, e Miguel Artimes Llana, violinista de Oviedo afiliado ao C.N.T. Ambas vidas transcorren en paralelo, sen que exista ningunha ligazón entre elas, ata que, nun momento determinado da trama, acaban xuntándose no campo de concentración do mosteiro de Oia (Pontevedra). Dita obra sufriu a sublevación militar do 36, a guerra e a represión. Así, describe a dureza das condicións do cárcere, aínda que tamén hai espazo para o amor, a música, a solidariedade, o humor e a amizade entre persoas de bandos opostos.

As localidades poderanse reservar ata o día anterior da representación na páxina web do Concello ou a través do número de teléfono 981100688. Os solicitantes deberán proporcionar o nome completo e o seu teléfono de contacto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.