Mércores con chuvieiras e lixeira baixa de temperaturas

O mércores continuaremos nunha situación intermedia entre as altas e as baixas presións con fluxo de ventos do oeste que achegan humidade dende o mar.

Agárdase así unha mañá de ceos nubrados, con orballos na comarca e unha tarde con tendencia á apertura de claros. Á noite aumentarán de novo as nubes con orballos na fachada atlántica. As temperaturas mínimas ascenderán entre notable e moderadamente, mentres que as máximas seguirán sen cambios. O vento soprará de compoñente oeste, frouxo, con intervalos de moderado no litoral norte.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 1 a 2 á mañá e 2 a 3 á tarde e á noite. Mar rizado á mañá e mar ovellado á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e á noite e regular á tarde. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 1 a 2 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar00:003.1 m
Baixamar06:341.3 m
Preamar12:582.8 m
Baixamar18:591.4 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar06:281.3 m
Preamar12:492.8 m
Baixamar18:481.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar06:321.3 m
Preamar12:552.8 m
Baixamar18:541.4 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)