Martes con ceo cuberto con chuvascos e temperaturas mínimas en descenso

10 Maio 2021

Non se agardan cambios significativos para o martes, con Galicia na influencia das baixas presións e réxime de ventos do oeste. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos ocasionais. Ao final do día chegará unha fronte polo litoral atlántico que deixará chuvias en toda a comarca e na comunidade co avance da noite. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en zonas altas, e as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente oeste, aumentando a forte pola noite.

mteoegalicia

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sudoeste á noite, forza 4 a 5 á mañá e á tarde e 6 a 7 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 2.5 a 3.5 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar04:423.5 m
Baixamar10:470.8 m
Preamar17:003.5 m
Baixamar23:050.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar04:343.4 m
Baixamar10:380.8 m
Preamar16:513.5 m
Baixamar22:570.8 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar04:393.5 m
Baixamar10:430.8 m
Preamar16:563.5 m
Baixamar23:020.8 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.