Frigoríficos Mar da Pobra creará no Polígono de Rianxo até 25 postos de traballo

07 Maio 2021

A xerente de Solo Empresarial do Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, desprazouse este 7 de maio a Rianxo para coñecer un dos últimos proxectos en sumarse ao parque empresarial da localidade, un dos 13 que xestiona en Galicia a entidade. Trátase da empresa de produtos pesqueiros e sustentábeis Frigoríficos Mar dá Pobra, que iniciou a construción dunha nave na que prevé comezar a operar a finais deste ano, cun persoal inicial de 5 persoas que se ampliaría progresivamente ata os 25 empregados. Na visita estivo acompañada do alcalde rianxeiro, Adolfo Muíños.

A compañía instálase nunha parcela de 1.125 metros cadrados, adquiridos a finais de 2020 á entidade SEA. Desta forma, Beatriz Sestayo explicou que “proxectos como este reflicten o valor “estratéxico do polígono de Rianxo e da comarca, nun sector tradicional en Galicia”.

Doutra banda, tamén lembrou que o Polígono de Rianxo triplicou nos últimos anos a súa ocupación, alcanzando case o 70%, tras operacións como a pechada con Conservas
Cerqueira, en máis de 36.000 metros cadrados ou Mar da Pobra. Ao fío desta cuestión, o alcalde Adolfo Muíños explicou que “o obxectivo é analizar con calma a posibilidade de incorporar novos terreos ao polígono para que ningunha empresa fique fóra”. Ademais, lembrou que “o Concello incentiva a instalación a empresas ao bonificar tanto o ICIO como o IBI”.

O responsábel da devandita empresa, Pablo Fernández, asegurou que “a súa actividade centrarase en transformar as capturas da pesca artesanal galega en produtos ultra conxelados pero potenciando a sustentabilidade”. A instalación supoñerá un investimento total de 700.000 euros.

En xeral, o Polígono de Rianxo conta con superficie bruta de 317.728 metros cadrados e neta de 200.156. Actualmente, son 18 as empresas que adquiriron solo para desenvolverse. Entre elas destacan Conservas Cortizo, Mar da Pobra, Proafer, Tarrío y Suárez, Metales Taragoña ou La Cambra.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“De la furia al talento” – José Castro López

“De la furia al talento” – José Castro López

El próximo fin de semana vuelve la Liga y es un buen momento para recordar el triunfo de La Roja en el Mundial y desear que el fútbol español conserve los valores que hicieron posible aquella gesta. En los Juegos Olímpicos de Amberes de 1920, España se enfrentaba a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.