Na Pobra este sábado, citados uns 2.000 mozos para cribados. No Hospital do Barbanza serán vacinadas 1.300 persoas a fin de semana

21 Maio 2021

A Consellaría da Sanidade efectuará este sábado 22 de maio unha cribaxe mediante PCR á veciñanza da Pobra con idades comprendidas entre os 20 e 40 anos, o cal se traduce en aproximadamente 1.900 persoas. As probas realizaranse no centro de saúde da localidade e será o propio SERGAS o que envíe a convocatoria mediante SMS. Prégase asistir e respectar a hora e data da cita para evitar aglomeracións.

A Administración local colabora na organización da loxística prestando o apoio que se requira. Neste senso, a Concellaría da Sanidade, que dirixe Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a Concellaría da Seguridade, da cal é titular o seu homólogo José Andrés Lojo (Nós Pobra), mantiveron esta mañá unha xuntanza co xefe da Policía local, José Manuel Cameán, e co da Protección Civil, David Cardalda.

O Concello da Pobra do Caramiñal pide a colaboración da cidadanía para que asista á cita.

Por outra banda continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago de Compostela e Barbanza. Mañá Sábado 22 de Maio hai máis de 4.350 persoas citadas: no Hospital Barbanza: Máis de 350 persoas (de 70 a 79)
Cidade da Cultura: 4.000 personas (de 50 a 59)

O domingo 23 de maio hai máis de 6.000 persoas citadas das cales no Hospital Barbanza: Máis de 1.000 persoas (de 60 a 69) e na Cidade da Cultura: máis de 5.000 personas (de 60 a 69 Anos).

Na área sanitaria Compostelá lévanse administradas 282.206 vacinas ata onte, 20 de maio.

Outros artigos

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase o 16 de outubro na Pobra

O vindeiro venres 16 de outubro, o Cine Elma da Poboa do Caramiñal acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, película incluída na programación contratada pola Deputación da Coruña dentro do seu compromiso co impulso da cultura e co acceso á actividade cultural nos...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.