“Están a nos roubar o mar”. Antón Luaces

17 Maio 2021

Xa é moito máis ca unha apreciación persoal. O sector pesqueiro está a constatar un máis que evidente desleixo por parte dos responsables pesqueiros das distintas administracións, e tira a conclusión de que o que menos importa a aqueles que levan máis ou menos pomposamente a denominación “Pesca” non son outra cousa que os encargados, a través de Acuicutura de España, de poñer en almoeda, na poxa de cada día, a todo un sector: aquel que proporciona peixe “salvaxe” á poboación e o que crea moitos postos de traballo nas provincias marítimas de España malia os problemas para a remuda xeracional.
Acuiculturadeespaña responsabilízase de “vender” á cidadanía o concepto “saludable” no peixe procedente da acuicultura. Trátase dunha das derivadas do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, sobre quen recae a máxima responsabilidade de, entre outras cousas, a negociación de TAC e cotas no ámbito da Unión Europea. Unha negociación sempre negativa para os intereses do sector pesqueiro español, feito que esperta no propio sector a idea de que non conta co mesmo apoio que o peixe e as empresas de acuicultura por parte de quen está chamasdo a interceder por eles. Máxime cando, complementando ese distintivo de “Saludable”, a publicidade que paga Acuicultura de España -o Goberno español-  significa que “El producto que consumes está libre de metales pesados y anisakis, es rico en Omega 3 y otros aminoácidos esenciales, y te ayudará a llevar una dieta sana y equilibrada a buen precio”.
Evidentemente, o interese gobernativo polas empresas de acuicultura semella non ser o mesmo que o que aplica a un sector que multiplica por moitos enteiros os investimentos realizados, que ten capacidade para pescar en distintos mares e especialidades, que aporta beneficios como a creación de emprego na España costeira con moita maior entrega e disposición que as empresas acuicultoras, e que contribúe permanentemente ao mantemento dunha estrutura marítimo-pesqueira que da nome en todo o mundo a un sector esencial para o Estado.
O malestar que este tipo de publicidade está a crear en todo o territorio español dependente da pesca é grande, moi grande. E pode derivar en serias protestas que afecten en boa medida ao tinglado portuario, aos mercados e grandes superficies comerciais, ao transporte por estrada, ao consumo de combustible, etc. E todo, por non decatarse o Goberno da importancia que a pesca ten para o conxunto de España e tentar impoñer un consumo de peixe de piscifactoría que na actualidade  segue a ser minoritario en todo o territorio nacional.
Acaso o peixe “salvaxe” non é saudable, non aporta Omega 3 e outros aminoácidos esenciasis?. É o peixe  que vive, medra e se reproduce no mar está tan afectado polos metais e o anisakis como para dicir que o procedente da acuicultura carece deles?. Cantos consumidores morren por causa deses metais e dese anisakis en España?. Non é o peixe de mar quen de contribuir á dieta san e equilibrada a bo prezo?. Qué axuda proporciona O Ministerio de Pesca a este sector?.
Moito ben farían os gobernantes á poboación informando axeitadamente do que aportan á economía social, á economía dos pobos, ao emprego, á sanidade cada un dos estamentos marítimo-pesqueiro e acuícola para, sen establecer comparanzas, apoiar máis decididamente o consumo de peixe, que boa falta nos fai a todos.
O ministro Luis Planas e todo o seu plantel de asesores e responsables técnicos, poderían pensar con máis tranquilidade o que se xoga en España coas súas campañas e orientar estas de xeito equilibrado para que o español consuma peixe veña este de onde veña, pero sen ningún tipo de orientación partidista. Agás que algún deles se deixe levar por intereses espurios que nada teñen que ver coa realidade pesqueira dun país e dos intereses socioeeconómicos dun importante número de pobos e vilas dun Estado que, se non están valeiros é, en moitos casos, grazas á existenza de barcos de pesca. Barcos e tripulantes que, xunto cos armadores, tamén contribúen á sostibilidade do país polos seus aportes á Facenda pública.

Outros artigos

“Parar e reflexionar. Continuar ou renunciar?” – Antón Luaces

Nunca vivimos na España democrática posterior ao franquismo unha situación semellante: un presidente do Goberno, elixido pola maioría -exígua, pero maioría- do Congreso dos Deputados formula o que, para min, non é outra cousa que o plebiscito ou refrendo público para...

+

“La derecha no muerde”. José Castro López

Hace un año, el presidente Sánchez cumplimentó a Giorgia Meloni, jefa del Gobiernode Italia, en visita protocolaria. Ambos intercambiaron palabras amables y elogiosmutuos -diplomacia de libro-, hablaron de problemas comunes, como la inmigración -curiosamente ahora...

+

“Medo e decepción” – José Manuel Pena

Segundo a ONU, as enquisas de opinión pública en todos os países coinciden en sinalar que os cidadáns non se senten representados polos seus gobernos e teñen unha pésima opinión da honestidade e sentido do servizo público dos políticos e votan máis en contra do que...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

“Plácido Vila”. Xulio Xiz

Vivo na Milagrosa, onde hai tempo entrar no recinto murado era “ir a Lugo”, e agora – integrados mesmo nominalmente – o que antes parecía distante, a paso setentón faise en vinte minutos, e trinta se temos a ousadía de levar o coche. O centro de saúde da rúa...