En Ribeira mais zonas verdes na Avenida da Coruña, Paseo de Coroso, O Touro e o Porto de Aguiño

05 Maio 2021

Logo da plantación de máis de corenta árbores na mediana central do paseo das Carolinas aproveitando a remodelación que alí se está a realizar, o Concello de Ribeira traballa xa noutras iniciativas destinadas á ampliación de
zonas verdes en distintos puntos do termo municipal.
En concreto, entre as actuacións máis inmediatas que se pretenden executar se inclúe a creación dun novo espazo verde no arranque da avenida da Coruña dende Padín (tanto á altura do mural dedicado á festa da Dorna como diante do aparcamento situado fronte ao centro comercial). Ao fío disto, hai que aclarar unha vez máis que as especies arbóreas que houbo que retirar no transcurso das obras de renovación de beirarrúas na citada avenida da Coruña debido a que estaban danando a infraestruturas (incluíndo os propios servizos
urbanos soterrados que por alí descorren) serán repostas por outro tipo de planta máis axeitada (a photinia).
Ademais, prevese actuar plantando novas especies arbóreas no paseo de Coroso, na avenida das Airós (situada no paseo do Touro) e ampliar a zona verde diante do porto de Aguiño.
Por outra parte, cómpre lembrar que outras actuacións de humanización como a que, segundo o deseño da Fundación RIA; a Xunta vai levar a cabo na estrada AC305 ao seu paso por Palmeira contemplan tamén unha substanciosa dotación de zonas verdes para disfrute da sociedade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.