En Ribeira este venres presentación dunha Biblia Infantil en Galego co gallo das Letras

13 Maio 2021

Este venres a Asociación Xuntos por Galicia vai realizar a presentación dunha Biblia Infantil en Galego. Trátase dun eventos de carácter relixioso, cultural, formativo, festivo, musical e de reivindicación de valores fundamentais.

O acto terá lugar na Praza do Concello e constará da lectura pública en galego de pequenos fragmentos da Biblia.
A única versión completa en galego foi publicada en 1ª edición no 1989 pola editorial SEPT (Sociedade de Estudos, Publicacións e Traballos). A súa tradución foi coordinada polo teólogo, autor e catedrático aguiñense, Andrés Torres Queiruga.

O acto que dará comenzo ás 19 horas, consistirá na presentación en primicia da traducción ao galego da Biblia Infantil: “O Libro de Historias sobre Xesús”. Foi publicada a fináis do 2020 por Andamio Editorial e coeditada polo Consello Evanxélico. Na tradución e revisión do texto en galego participaron varios profesores veciños de Ribeira.

O acto, que estará precedido de música tradicional galega, está promovida pola Igrexa Cristiana Evanxélica ICE Renovación, e a colaboración da Parroquia de Santa Uxía de Ribeira e do Concello de Ribeira. Ós asistentes que terán que inscribirse por razóns sanitarias en normalización@ribeira.gal ou www.inscribirme.com/abiblia agasaraselle un agasallo.

XUNTOS POR GALICIA é unha asociación de carácter relixioso cultural que está composto por diferentes persoas, grupos e comunidades de todas as provincias de Galicia, unidos por un interese común de servir á nosa comunidade a través de calquera acción ou evento que se axuste aos nosos valores e principios comúns, todos eles universais.
Durante os últimos anos, XUNTOS POR GALICIA organizou eventos de carácter relixioso, cultural, formativo, festivo, musical e de reivindicación de valores fundamentais.


Algúns acontecementos destacados nos últimos anos son:

  • Colaboración coa marcha “Galicia, oramos por ti”
  • Organización dun encontro anual na capital de Galicia (agás no 2020, por mor da pandemia) o 17 de maio, Dia das Letras Galegas.
  • Conferencia / concerto musical, chamado “Holy Spirit Night”, no Palacio de Congresos de Santiago, cunha asistencia de 1.000 persoas.
  • Obradoiros e conferencias de liderado, formación, etc.
    Algúns dos actos realizados superaron a convocatoria de 1.000 asistentes de toda Galicia. Tanto os organizadores dos diferentes eventos organizados pola asociación XUNTOS POR GALICIA como os asistentes a estas actividades están dispostos a continuar con este tipo de accións, coas adaptacións de seguridade necesarias para dar
    cumprimento ás medidas excepcionais que require a actual situación provocada pola Covid-19.
    EXPECTATIVAS PARA O ANO 2021
    Debido á situación de pandemia na que nos atopamos, as actividades a realizar este presente ano 2021 teñen como prioridade cumprir con todas as medidas de prevención e seguridade sanitarias necesarias contra a Covid-19. Tendo en conta as limitacións para eventos públicos promovidas polas autoridades sanitarias e, ante todo, aplicando
    un criterio de responsabilidade e respecto cara aos demais, este ano a nosa proposta para o 17 de Maio, DIA DAS LETRAS GALEGAS, consiste en evitar unha concentración masiva e cambiar o encontro que tradicionalmente se ven celebrando na capital,

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.