En Ribeira abonados os pagamentos aos beneficiados das axudas PEL-Reactiva

06 Maio 2021

O Concello de Ribeira, unha vez rematados os prazos e emitida a proposta de resolución definitiva, realizou esta semana os pagamentos aos beneficiarios das axudas do PEL-Reactiva Ribeira, destinadas á reactivación económica e social do concello. Dotadas de 596.000 euros co-financiados por Deputación e Concello, teñen o obxectivo concreto de “subministrar liquidez a persoas autónomas e microempresas na procura de contrarrestar os efectos da COVID-19”.

Hai en total 281 beneficiarios, distribuídos en tres grupos:

• Os que se visen afectadas polo peche en virtude do disposto no RD 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e a súa modificación aprobada no RD 465/2020, do 17 de marzo.

• Os que non visen afectados polo peche, pero cuxa facturación no segundo trimestre fiscal de 2020 se vira reducida, polo menos, nun 75% en relación coa media efectuada no semestre natural anterior á declaración do estado de alarma.

• Aqueles que se viran na obriga de acollerse a un ERTE nos termos establecidos no RD 465/2020, do 17 de marzo.

A relación de beneficiarios e beneficiarias pode ser consultada na páxina web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.