En Ribeira aberto o prazo de matrícula para a proba de acceso a primeiro curso do conservatorio

O Conservatorio Municipal de Ribeira ‘Enrique Paisal’ informa de que dende hoxe martes 18 de maio ata o vindeiro día 28 está aberto o prazo para matricularse na proba de acceso ao 1º curso do grao profesional.
O proceso de matriculación para dita proba faise directamente dende a páxina web do Concello.
A previsión é que dita proba  se desenvolva na terceira semana de xuño, os días 15 e 16.