En Portosín “Terceira edición do Xtosin Trail” o 13 de xuño

07 Maio 2021

Terceira edición do Xtosin Trail, con saida e chegada na rúa da Rambla de Portosín (Porto do Son). A carreira sale en dirección á praia de Coira aproveitando o paseo marítimo e unha senda costeira, para logo cruzar a vía AC 550 no km. 81,6 en dirección a A Silva subindo ata aldea pola carretera que da acceso á mesma. De alí subirase ao Alto da Figueira Longa; e remátase regresando pola zona de Trapa e aldea de Valcunqueiro, e cruzando novamente o vial AC-550 no km. 80,3.

Terá unha distancia de 14,5 km. que discurrirán na maior parte por un firme de terra con dous cruces por tramos de asfalto nos puntos citados. A saida será urbana e encargase do control do tráfico membros de Protección Civil de Porto do Son e efectivos da Policía Local de Porto do Son;a Policía Local tamén controlará o tráfico na vía AC 550 regulando o tráfico no momento do paso dos corredores; non se precisa restricción rodada das vías. 

A proba discurre en terreno do concello de Porto do Son e Lousame. Desconocemos todas as comunidades de montes afectadas polo que se solicita ao organismo competente que nos facilite relación das mesmas. 

A proba deportiva terá carácter popular non estando incluida en ningún calendario federativo, e está aberta a participación a maiores de 18 anos. 

Espérase unha participación limitada a 150 corredores como máximo. 

CRONOGRAMA 

o día da proba dende as 08:00 h. precísase que figuren cortados os accesos rúa da Rambla de Portosín co sinal de dirección prohibida, para evitar que se introduzcan vehículos non autorizados no mesmo e garantir a seguridade dos corredores, voluntarios e público.Igualmente habilitarase unha zona de estacionamento para facilitar a chegada dos participantes. 

Ás 9:00 h. comenzarase o reparto de dorsais e a concentración dos participantes, habilitándose un pequeno circuito de quecemento no paseo marítimo contiguo para que os corredores poidan prepararse para a carreira. Debido á concentración de participantes solicitase regulación do tráfico rodado nas inmediacións para garantir a seguridade. Ás 10:00 h. unha vez verificado que todos os voluntarios están nos seus postos e que o delegado da policía municipal da a conformidade darase a saida da carreira, mantendo regulado o tráfico nas carreteiras de acceso afectadas. 

Ás 10:05 h. espéranse os primeiros corredores chegarán ata o primeiro cruce AC-550, km 81,6, cruzándoa perpendicularmente e entrando no camiño de acceso á aldea de A Silva. Solicitase á Policía Local que esté presente neste tramo de calzada ata as 11:15 h. para a regulación do tráfico. Ás 11:00 h. estímase a chegada dos primeiros corredores a AC-550 km. 80,3, no que se solicita á Policía Local que regule o cruce dos corredores nese víal, así coma na rúa Redeiras ata o fin do paso dos corredores que se estima ás 12:25 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

“Na memoria da veciñanza”. Luís Celeiro

Ela pensaba que morría aquela mesma noite. Despídese das amizades, dos poucosfamiliares que lle quedaban, vai ao refuxio dos animais abandonados e dálle un bico a cadaun dos cadelos e a algunha das cadelas que moraban naquel espazo cheirento, naquel lugarque fedía e...