En Noia o Concello engalana monumentos e zonas verdes e mellora a seguridade viaria no Obre

18 Maio 2021

Este mes de maio proseguen en Noia os traballos para acondicionar infraestruturas e diversos elementos municipais do concello, tanto dende o punto de vista estético como dende o funcional. Neste senso, foron intensos os traballos para engalanar edificios e zonas verdes levados a cabo pola Concellería de Parques e Xardíns que dirixe Ana García.

En concreto, cambiáronse as decoracións florais na praza das Angustias, nos xardíns de Felipe de Castro, na praza das Américas e no balcón do Concello, entre outros emprazamentos do termo municipal.

Ademais leváronse a cabo reparacións dalgúns dos bancos do paseo marítimo.

No ámbito máis funcional, o Concello tamén explicou que estes días de mediados de maio deron comezo as obras para renovar e acondicionar as beirarrúas do Obre, na súa marxe dereita. Segundo informou o Goberno local, esta actuación vai dirixida a optimizar a accesibilidade e a seguridade na estrada principal que cruza a devandita parroquia. Neste treito tamén se vai proceder á colocación de canalizacións.

Estas actuacións supoñen un investimento de 90.000€, que “se verá reforzado con outras melloras que darán comezo nos vindeiros meses”, engadiu o Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.