Domingo con neboas matinais e precipitacións xeneralizadas pola noite

22 Maio 2021

O domingo a comarca e Galicia queda nunha zona de transición entre as altas presión situadas sobre a península Ibérica e a borrasca ao oeste de Irlanda, con réxime de ventos do oeste. Así, comezaremos a xornada con néboas matinais que irán dando paso a grandes claros. Pola noite a chegada dunha fronte deixará precipitacións xeneralizadas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste pola mañá, aumentando en intensidade a partir do mediodía, sendo fortes entre Bares e Costa da Morte pola tarde.

O NOSO MAR: Vento variable á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 2 a 3 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa á mañá e á tarde e regular á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá, 1 a 2 metros á tarde e 1.5 a 2 metros á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Preamar01:583.4 m
Baixamar08:160.8 m
Preamar14:343.4 m
Baixamar20:360.8 m
Vigo
Hora*Altura
Preamar01:513.4 m
Baixamar08:100.8 m
Preamar14:243.4 m
Baixamar20:280.9 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Preamar01:553.4 m
Baixamar08:150.8 m
Preamar14:303.4 m
Baixamar20:330.8 m
* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...