“Crise humanitaria” – José Manuel Pena

26 Maio 2021

É unha invasión, unha chantaxe, unha nova “marcha verde”, unha crise humanitaria, cada un ten a súa propia idea sobre o que significou a entrada masiva, principalmente de mozas e nenos marroquís, pola fronteira da cidade española de Ceuta. O que é evidente é que as situacións de miseria e de pobreza obrigan á procura de novos caladoiros e oportunidades.

Marrocos segue sendo unha monarquía absoluta onde, o rei e os seus fieis seguidores, ostentan o poder de maneira ditatorial. Enriquecéndose ilicitamente, a través da corrupción e a conta da miseria da maioría dos cidadáns. Non respectan os Dereitos Humanos e de xeito paradoxal, posúen un ministro dos Dereitos Humanos, con xornalistas, disidentes políticos e homosexuais nos cárceres.

A maioría dos cidadáns españois somos conscientes de que nos conflitos internacionais todos os grupos políticos e a sociedade en xeral temos que estar unidos, baixo o paraugas do xefe do Estado, do presidente do Goberno e do propio Goberno da nación.

Hai moitos anos que os migrantes chegan, en ondas, ás costas españolas e doutros países en busca de oportunidades. Son pobres, sen apenas recursos. Os gobernos dos seus países de orixe reciben axudas económicas internacionais para o desenvolvemento de políticas sociais, de emprego e de reactivación económica. Na maioría das ocasións quedan nos petos dos seus propios dirixentes, sen ningún tipo de control. A desigualdade social e a miseria endémica segue sendo o máis habitual.

Na precaria situación dalgúns países africanos, como é o caso de Marrocos, Francia ten moita responsabilidade porque prefire seguir mirando para outro lado, continuando beneficiarse da man de obra barata e da explotación dos recursos naturais.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...