Continúa a vacinación fronte á Covid-19 na Área de Santiago- Barbanza, mentres as farmacias da comarca manterán o cribado de saliva gratuíto

19 Maio 2021

Segue a vacinación na área sanitaria de Santiago-Barbanza, mañá xoves están convocados no Hospital de Barbanza máis de 1.000 persoas de 70 a 79 anos. En Santiago á Cidade da Cultura son chamados preto de 6.900 persoas de 70 a 79 anos e no Hospital Clínico: 700 persoas (colectivos esenciais.

En canto á xornada de onte no Hospital da Barbanza participaron o 80,10 % dos 801 convocados. Na área sanitaria Compostelá lévanse administrado 273.091 vacinas ata onte, 18 de maio.

Por outra banda medio centenar de farmacias de Barbanza manterán a súa colaboración coa Consellería de Sanidade para realizar un cribado gratuíto de saliva para poder detectar a presenza de covid. Hai un mes que se iniciou esta iniciativa nas boticas de toda a provincia, pero estas probas só ían dirixidas a un grupo concreto de idade: os adolescentes de entre 12 e 17 anos. Desde esta tarde amplíanse os posibles beneficiarios, xa que poderán facer o test todas as persoas cuxa idade estea comprendida entre os 12 e os 64.

Poderán realizar esta proba gratuíta todas aquelas persoas que non desen positivo en covid no últimos tres meses, que non sexan contacto directo dun contaxiado e que non realizasen unha PCR en 15 días.

Outros artigos

Avanzan as obras para a conversión do Campo da Mina a herba artificial

O Concello de Boiro está a levar a cabo as obras para a conversión a céspede artificial do Campo de Fútbol da Mina, en Lampón. Nesta semana realizouse o pavimentado da superficie de xogo para a instalación do tapiz de herba artificial. As actuacións que se están a...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

“Los corazones de Loli”- Carlos Moledo

Hay gestos que no caben en ningún titular y que, sin embargo, sostienen el mundo mejor que cualquiernorma. Son gestos de manos. De aguja. De hilo enhebrado con paciencia en muchas tardes, mientras afuerael pueblo continúa con su rutina, persianas a medio abrir y...

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

“Cadaquén, da súa casa”. Luís Celeiro

Nun acto organizado por AlumniUSC e celebrado na facultade compostelá de Filosofía, unha charla-concerto en memoria de Begoña Caamaño e do seu legado, Francisco Castro recordoulles aosasistentes un feito do que se debe falar e presumir, polo seu interese social e por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.