Comezan as obras de mellora do parque infantil do Colexio de Artes

05 Maio 2021

O Concello de Ribeira informa do comezo das obras de pavimentado con caucho continuo e remodelación do parque infantil do colexio de Artes: unha actuación que está sendo executada pola empresa SunneGaliza S.L.U.

A intervención persegue, en palabras do Concello, “ampliar a zona de xogos coa colocación dun rocódromo e dous resortes que se suman aos cinco xogos xa existentes, que se disporán sobre un novo pavimento de caucho continuo rodeado de herba artificial ata completar dunha área de actuación de 300 metros cadrados”.

Pluviais

Ademais,será instalada unha liña de pluviais para evitar empozamentos, formada por unha tubaxe de 75 metros de lonxitude, 3 pozos de rexistro e 4 arquetas.

Comporta un investimento de 27.805 euros e o prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.