Chipperfield e Corrubedo protagonistas da revista ICON Design

31 Maio 2021

O arquitecto inglés David Chipperfield e Corrubedo son os protagonistas dun amplo reportaxe de dez páxinas na revista mensual do diario El País ICON Design. A publicación que saiu de agasallo o sábado no xornal madtrileño pode adquirirse solta nos quioscos o longo do mes.

David Chipperfield non esperaba pasarse tantos meses seguidos en Corrubedo, o pobo coruñés no que hai anos construíu unha casa de veraneo. Con todo, a pandemia sorprendeulle alí, e non se moveu desde entón. Na entrevista que concedeu, explica como a súa visión da arquitectura foi sostible desde moito antes de que o termo se puxese de moda.

A súa participación no programa de Mentores e Discípulos de Rolex permitiulle, ademais, indagar no devir das nosas cidades, na especulación urbanística e na obsesión polo diñeiro dun sector que debería ocuparse de mellorar a vida da xente.

Para facer esta reportaxe, o xornal viaxou ata Corrubedo, visitando a súa casa e tomándo algo con el na terraza do bar que el mesmo reformou na praza principal.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.