Chega a credencial dixital do peregrino, que permitirá selar a Compostela mediante códigos QR

26 Maio 2021

Os peregrinos poderán certificar a súa peregrinación e obter a Compostela mediante o escaneo de códigos QR, logo de que o Centro Internacional de Acollida ao Peregrino anunciara a activación da Credencial Dixital do Peregrino. Estra aplicación móbil permitirá aos camiñantes portar no seu dispositivo electrónico a súa credencial do Camiño de Santiago.

A presentación desenvolveuse nun acto no que acudiron a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o director da Fundación Catedral, Daniel Lorenzo e o delegado de peregrinación da Catedral de Santiago, Segundo Pérez. “Esta iniciativa encádrase no proceso de dixitalización e implantación dun camiño seguro”, afirmou Castro.

Segundo fixeron saber, a credencial dixital nace como un elemento complementario, e non substitúe á credencial tradicional, co obxectivo de mellorar a experiencia da peregrinación e axilizar os trámites.

A aplicación está dispoñíbel para a súa descarga nos dispositivos Android e iOS e en diferentes idiomas, que permite coñecer con antelación o fluxo de camiñantes que chega á Oficina do Peregrino, co fin de aumentar a velocidade e mellorar a atención dos viaxeiros que se dan cita para selar a Compostela.

Esta ferramenta enmárcase no proceso de dixitalización que a Oficina do Peregrino está a levar a cabo. A credencial dixital súmase así a un sistema de rexistro online que permite que o peregrino introduza con antelación os datos necesarios para a obtención da Compostela, evitando a manipulación de papel.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.