Boiro fará visitas guiadas para coñecer o estado das obras do Pazo de Goiáns

10 Maio 2021


O Concello de Boiro vén de anunciar a organización das visitas guiadas ao Pazo de Goiáns para que a veciñanza poida coñecer como avanzan as obras de rehabilitación do inmoble. As visitas terán lugar os días 16 e 17 de maio e serán de grupos reducidos e con reserva previa dentro dun prazo que abrirá este martes.
A iniciativa, que se atopa no marco da programación prevista para celebrar o Día das Letras Galegas, levarase a cabo o domingo 16 de maior, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas. Doutra banda, o luns 17 só se realizará en horario de mañá, de 11:00 a 14:00 horas. As visitas permitirán a tódalas persoas interesadas poder coñecer o estado da execución das obras dentro do inmoble e ver tamén as tarefas de acondicionamento que se están a realizar nos xardíns.
O número de prazas dispoñibles para a visita é de 200, repartidas en grupos reducidos no horario previsto para garantir que se cumpran todas as medidas de seguridade fronte á COVID-19. A inscrición previa pode realizarse a partir deste martes día 11 de maio a través da web, cubrindo o formulario dispoñible, ou vía telefónica: 982 84 26
54.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.