Boiro executa obras de asfaltado en Pumar do Río con cargo ao POS provincial

21 Maio 2021

O Concello de Boiro está a executar estes días as obras de mellora do firme nuns tramos de rúa no lugar de Pumar do Río. Unha actuación enmarcada dentro do proxecto de renovación de pavimentos en Pumar do Rio, Cadarnoxo, Carboeiro, Enseño e Cures que o Concello de Boiro executa con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña por importe de 73.235,43 euros.
Os tramos que se contemplan neste proxecto para a súa renovación presentan deficiencias no pavimento indicativas do deterioro do firme, así como algunhas deficiencias na rede de captación de pluviais. O pavimento existente
presentaba gastos excesivos para a súa conservación ordinaria, polo que era preciso unha rehabilitación superficial para conservar e mellorar as súas características funcionais de seguridade e comodidade.
A actuación que se está a realizar neste momento en Pumar do Río, nun tramo que une a zona de xogo dos bolos e a pista do monte dunha superficie duns 290 metros cadrados, precisa dunha reconstrución completa polo que se
opta por un firme de formigón. Ademais, estase a realizar unha correcta separativa da rede de pluviais e a rede de saneamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

“As novas camadas petan forte na porta” – Antón Luaces

Hai quen exerce de informador e percorre España cunha buguina nunha man e un teléfono móbil na outra nunha especie de pre-aviso de que alí, no lugar, vai pasar algo importante. Por exemplo, un discurso ou debate político que "poña orde" na polarización desenfrenada...

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

“Recordar o 93 e seguir o Camiño”. Luís Celeiro

En Mérida, onde a finais do século sexto xa había un xenodochium, un albergue de acollida easistencia para as multitudes que visitaban a tumba de Santa Olalla. Os historiadores e entendidosdin que foi o primeiro refuxio para peregrinos documentado en Hispania. E alí,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.