Boiro celebrará as Letras Galegas cunha manchea de actividades para a rapazada e cunha romaría literaria

05 Maio 2021

Boiro acolleu este 5 de maio a presentación do programa de actividades culturais para festexar, este mes, o Día das Letras Galegas, que este ano a Real Academia Galega decidiu adicar á poeta Xela Arias. A axenda cultural de Boiro, completa, diversa, segura e extensíbel a todo o mes, porá o foco no público infantil e, por suposto, nos libros galegos. En relación con este último punto destaca no programa a celebración da Romaría das Letras.

Na presentación participaron o alcalde, José Ramón Romero; a concelleira de Cultura, María Outeiral; o presidente da Asociación Cultural Barbantia, Manuel Cartea; e persoal técnico municipal de Cultura, Alberto García, Elena Dosil e Pitusa Lomba.

O programa vén da man da Concellería de Cultura de Boiro, coa colaboración de Barbantia para os festexos específicos do día 17. Como dixemos, inclúe actividades para público infantil e familiar durante todo o mes e tamén funcións escolares.

– A programación comeza este venres 7 de maio cun espectáculo de Raquel Queizás, Historias de Cinema, ás 20.00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Boiro.

– O venres 14 á mesma hora será a quenda de Oh Olimpíadas, un espectáculo de Pista Catro no Parque da Cachada.

– O venres 21 chega a Boiro a cita cultural Hell Brothers de Cirkompacto na praza do Concello ás 20.00 horas.

– O sábado 29 haberá unha xornada de lecer en familia durante todo o día con diversas funcións no estuario do río Coroño. Na mañá do 29, ás 12.00 horas, o multiinstrumentista Paco Nogueiras ofrecerá á rapazada o espectáculo Extra. Pola tarde, ás 17.00 horas, será a quenda deCircanelo, de o Pallaso Fredi, e ás 20.00 horas outra función de Paco Nogueiras co espectáculo Extra.

– A programación do mes das letras inclúe tamén funcións escolares, que se van levar a cabo o xoves 20 de maio, entre as 10.00 e as 12.00 horas, co espectáculo Pequenas grandes maxias do Mago Teto.

– O día 17 de maio vaise desenvolver a tradicional Romaría das Letras, adaptada ás circunstancias actuais da COVID-19, con capacidade limitada e reserva de entradas. O acto, presentado por Sonia Lebedynski, vai comezar ás 17.00 horas na contorna do Pazo de Goiáns con actuacións de baile galego a cargo de Aroña e Xilbarbeira. Barbantia ocuparase das presentacións literarias, nas que se van expoñer unha publicación sobre a biografía de Xela Arias e a obra Nus de Manuel Gago. O acto finalizará cun concerto de Os Melidaos.

Todos os espectáculos e actuacións teñen capacidade limitada e control de acceso. A reserva de entradas debe facerse a través dun formulario web dispoñíbel na páxina web do Concello de Boiro (www.boiro.gal)

Outros artigos

Convocados os “Premios da Cultura Galega 2024”

A Xunta de Galicia convoca os Premios da Cultura Galega 2024, certame que recoñece o labor creativo e a súa expansión nos novos espazos actuais desde a súa primeira edición, en setembro de 2010. As oito modalidades convocadas son as de Letras, Artes Visuais, Artes...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

“Cariño: un pequeno gran punto negro contaminante”

Non se sabe con exactitude o grao de contaminación que pode provocar en Galicia unha empresa que, como Altri (en Palas de Rei, Lugo), vai utilizar o eucalipto como materia prima a partir da que extraer fibras téxtiles; máis é evidente que existe medo ao que a...

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

“Tiempos verbales”. Alberto Barciela

No sé en que justo momento, si es que lo hubo alguna vez, perdimos el rumbo político y el social. No identifico en qué instante se distrajeron las referencias de los valores esenciales para la convivencia, para el entendimiento, para la discusión constructiva y la...