Amicos pecha un convenio de colaboración con Vegalsa para a limpeza de praias

26 Maio 2021

Na mañá de hoxe Amicos asinou un convenio de colaboración con Vegalsa para contribuír no patrocinio das limpezas de praias que se farán durante o verán de 2021 por parte dos integrantes da asociación, enmarcadas dentro do programa RE-MAR, proxecto de custodia ambiental para a redución de residuos no espazo mariño protexido das Rías Baixas.
Esta colaboración pechouse no PALEXCO da Coruña dentro da Xornada RSE – Diversxs. O resto é igua” organizada por  Vegalsa-Eroski .  Trátase do encontro anual de sensibilización social deste grupo empresarial, onde se poñen en valor o traballo das diferentes persoas que fan posible a Responsabilidade Social en Vegalsa-Eroski e o das entidades sociais coas que colaboran cada día, como é o caso de Amicos.
Miguel Cancelas, usuario de Amicos, explicou a todos os presentes o labor da asociación e o seu día a día no centro: “É un pracer para min contar a miña historia e a miña vida dentro do Fogar Amicos”, indicaba Miguel.
“Queremos que os últimos sexan os primeiros e continuar sendo activistas do cambio”, expoñía Xoán España, director Xeral de Amicos.
Gabriela González, directora de RSE de Vegalsa foi a encargada de firmar o convenio de colaboración e Ricardo Castro, xerente de Área de Medio Ambiente de Vegalsa, entregou o cheque a Xoán España e Miguel Cancelas cun valor de 8.000€.
O equipo do grupo empresarial Vegalsa concluíu que este verán tamén participarán na limpeza das praias xunto aos compañeiros da entidade social. Os membros de RSC da empresa xa se pasaran fai unha semana a coñecer o Centro de Atención Integral en Comoxo. “Os invito a todos a que os paséis a conocer la labor de Amicos en Boiro, porque nosotros quedamos muy sorprendidos”, indicaba Gabriela González, directora de RSE de Vegalsa.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...