Aguiño acolleu esta sábado a presentación da obra “O mergullador Atlántico”

29 Maio 2021
Fernando Patricio presentado ” O mergullador Atlántico” en Aguiño

A Confradía de Pescadores de Aguiño acolleu esta mañá a obra de Fernando Patricio Cortizo ” O mergullador Atlántico”. Unha obra que recolle 30 relatos resultado da colaboración do autor no programa da Radio Galega “Pensando en ti”.

Trátase de contos e relatos con salitre, gardados e custodiados nas privilexiadas mentes dos nosos maiores, que agroman ao redor do lume das lareiras, ao calor dunha cociña de leña, entre o balbordo das tabernas mariñeiras, polos recunchos dos peiraos, polas corredoiras costeiras e en calquera sitio que sirva para admirar a beleza engaiolante do noso mar.

Nas súas 240 páxinas este coruñés, Fernando Patricio Cortizo publica a súa sétima obra na que as hisrtoias mariñeiras e os naufraxios son o argumento principal das mesmas.

A obra, de edición persoal e de distribución limitada pódese pedir en fernando_pecio@hotmail.com

Fernando Patricio presentado ” O mergullador Atlántico” con algúns dos asistentes na Confradia de Aguiño

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.