Adxudicadas provisionalmente as obras para renovar a liña de abastecemento da Mámoa, en Ribeira

19 Maio 2021

O Concello de Ribeira adxudicou provisionalmente as obras de renovación da liña de abastecemento de auga no lugar da Mámoa: unha intervención que persegue solucionar definitivamente os problemas de avarías a través da substitución de 1,2 quilómetros de tubaxes.

A empresa que obtivo a puntuación máis alta durante a clasificación entre as 38 ofertas resultou Construccións Fermín Simal, S.L., conforme a unha proposta de 96.316 euros, IVE incluído.

Os servizos técnicos do municipio elaboraron un proxecto dirixido a substituír á actual liña de fibrocemento por outra de polietileno de alta densidade. A tal efecto, instalaranse en ambas marxes da estrada DP-7305 dúas tubaxes deste material con lonxitudes de 790 e 420 metros, respectivamente. Así mesmo, está previsto colocar nove válvulas de comporta, dúas válvulas de baleirado e 5 ventosas, e renovar 33 acometidas domiciliarias.

As obras están enmarcadas na segunda fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ adicional 1/2019.

O prazo de execución son dous meses.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.