Adxudicación provisional das obras da estrada DP-7307 na Ameixida (Ribeira)

18 Maio 2021

O Concello de Ribeira vén de anunciar a adxudicación con carácter provisional da actuación consistente na construción de beirarrúas e instalación de pluviais na estrada DP-7307 ao seu paso polo lugar da Ameixida.

As obras serán realizadas por Excavaciones Nima, S.L., logo de obter a puntuación máis alta entre as 27 ofertas presentadas. A proposta conforma un total de 52.848 euros, que serán investidos para dotar á estrada DP-7307 de beirarrúas e así mellorar a seguridade dos peóns.

Así, a iniciativa incluirá unha marxe esquerda de 400 metros de beirarrúas, ademais dunha rede de pluviais a través da instalación dunha tubaxe de PVC. A actuación, que está enmarcada na Segunda e derradeira fase do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais, terá un prazo de execución de mes e medio.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...