“Acoso e derrubamento. Nada é casualidade, máis ben causalidade”. Antón Luaces


Por se fose pouco todo canto o sector pesqueiro ten enriba, o documento “Subvenciones a la pesca. Proyecto de texto refundido” do presidente da Organización Mundial de Comercio (OMC) que contén o borrador das propostas de eliminación dos subsidios á pesca ven darlle na caluga como os nosos pais daban aos coellos para matalos: tal documento prevé eliminar as subvencións á pesca ilegal (IUU) -que me parece o máis normal do mundo, porque non se pode roubar grazas ás asubvencións como aconteceu anos atrás en España- e que non se introduzan axudas á pesca, CON UN TRATO ESPECIAL PARA OS PAíSES EN VÍAS DE DESENVOLVEMENTO e menos adiantados.Con esta formulación, preténdese que o vindeiro 15 de xullo estea listo o texto a negociar e que a finais de novembro de 2021 estea aprobado.
O devandito documebnto non desbota a eliminación da impostos indirectos -art. 14 ap. c. e t. Directiva 2003/96/CE- que o liga coa pesca ilegal (IUU), os stocks sobreexplotados e a sobrepesca.
A subdirección xeral de Comercio Internacional ten como obxectivo manter a Política Pesqueira Común (PPC) e as exencións ao combustible, pero nada está decidido oficialmente. O tempo de marxe é moi escaso e o resultado verdadeiramente incerto.
A Federación Nacional de Comnfrarías de Pescadores coida que “con estes organismos internacionais a pesca de baixura está infrarrepresentada e a presión dos medioambientalistas semella superar ós considerados máis lícitos intereses dos representantes pesqueiros, co resultado de qwue a principal afectada podería ser a pesca a pequena escala, a de baixura, que non pode optar aos mellores prezos de combustible fora do territorio fiscal”·
As esperanzas céntranse, agora mesmo, en que non se toque a actual exención de impostos indirecto. De non ser así, sería a “puntilla”, ao igual que o sería a eliminación de exencións ou calquera tipo de axudas por cuestións relacionadas con sanción cualificadas de menores ou máis propias das consideradas faltas de tipo administrativo.
Desde logo semella que nada é casual e que sí existe un obxectivo específico: eliminar a pesca de baixura, ese tipo de pesca que resulta incomprensible para ese mercado de tolemias varias que é a Unión Europea.