A veciñanza de Rianxo mergúllase nun concurso de pistas e descubrimentos ao tempo que aposta polo comercio local

31 Maio 2021

O Concello de Rianxo vén de poñer en marcha unha actividade lúdica e participativa para dinamizar o comercio local nestes tempos de paulatina recuperación ao tempo que recoñece e distingue a implicación das rianxeiras e rianxeiros cos establecementos dos seus veciños e familiares. Trátase do concurso A Miña Avoa, no que participarán máis de 100 negocios locais. Neles, os participantes poderán obter as pistas que os leven a atopar un dos moitos tesouros agochados pola vila, que son vales de compra para o comercio local.

Desafío arqueolóxico

O certame consiste nun xogo de pistas e descubrimentos, a xeito de reto arqueolóxico. Proponse unha historia a través dunha antiga publicación na que un entrevistado fala da súa avoa, unha celebridade da vila que é moi probábel que agochase agasallos por todo o concello, “como facía cos seus regalos de aniversario cando era só un neno”, sinala o entrevistado, que remata o seu diálogo deste xeito: “Foi unha gran avoa, unha gran persoa e sobre todo, unha gran arqueóloga”. No texto ofrécense unha serie de pescudas para a localización dos tesouros.

Fomento da economía local

O obxectivo principal da iniciativa é “fomentar a economía no sector da restauración e do comercio local” ao tempo que se potencia “o lecer e a cultura do municipio” e “impúlsase o traballo en equipo dentro dos círculos familiares”. Os ingredientes principais do concurso son os cheques-agasallo e, tamén, a repercusión que de seguro acadará a iniciativa nos medios de comunicación, ao tratarse “dunha campaña innovadora, orixinal e diferente”, en palabras do Concello.

O concurso arrincou esta fin de semana que vimos de deixar atrás.

Quen queira máis información sobre a iniciativa, pode consultar estas ligazóns.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.