A Tarxeta xente nova a toda Galicia permite desde hoxe 60 viaxes gratuítas ao mes a menores de 21 anos

21 Maio 2021

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou esta tarde que a extensión da tarxeta Xente Nova a toda Galicia permitirá, desde hoxe, 60 viaxes gratuítas ao mes aos menores de 21 anos, en calquera das máis de
3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta, completando deste xeito a aposta rotunda polo transporte público.
Durante o acto de presentación, Feijóo expuxo a modo de exemplo que, con esta iniciativa, a familia dun rapaz de Noia que acuda todos os días a estudar a Santiago aforrará, aproximadamente, 1.200 euros nos nove meses de período lectivo.
“O transporte público é a nosa forma de garantir o dereito de todos os cidadáns á mobilidade e o seu acceso aos servizos esenciais; ao tempo que se dilúen as fronteiras entre a Galicia urbana e a Galicia rural e avanzamos cara a unha nova mobilidade máis limpa e responsable”, precisou, recordando que para blindar este servizo a Xunta destina 80 millóns de euros cada ano.
Nesta liña, ademais de garantir uns servizos axeitados e bonificar os prezos, subliñou tamén as actuacións que se están a levar para mellorar as estacións de autobuses, renovar as marquesiñas e impulsar a intermodalidade.
O presidente da Xunta concluíu presentando a tarxeta Xente Nova como unha ferramenta para promover a Galicia moza, familiar, verde e sostible.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.