A Policía Nacional detén en Ribeira a unha moza por tráfico de drogas

06 Maio 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira veñen de deter unha muller de 26 anos, veciña de Ribeira, por un presunto delito contra a saúde pública, na súa modalidade de tráfico de drogas.

Os feitos tiveron a súa orixe na madrugada do pasado mércores, cando unha radio-patrulla Zeta da Policía Nacional procedeu a controlar un vehículo que circulaba polo centro urbano de Ribeira dadas as limitacións de movemento debido ás medidas sanitarias antiCOVID. O seu catro ocupantes, ao non dar motivos suficientes para xustificar a súa estancia en vía pública a tales horas, foron propostos para sanción administrativa.

Durante a intervención, comprobouse que a muller levaba unha bolsiña cunha sustancia que “podía ser cocaína, oculta no lateral do interior do pantalón, á altura da cintura”.

Unha vez feitas as comprobacións, os axentes constataron que a sustancia era, efectivamente, cocaína, cun peso de 13,2 gramos. A continuación procederon á detención da muller “por un delito contra a saúde pública”. Á detida cónstanlle antecedentes por feitos similares.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, a muller foi posta a disposición do Xulgado de Instrución de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

Unha delegación de Angola visita en Ribeira a Escola Náutico-Pesqueira

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, acompañou no día de hoxe a unha delegación procedente de Angola durante a súa visita á localidade que arrancou na Escola Oficial Náutico-Pesqueira para coñecer o modelo pesqueiro galego, con especial énfase na pesca tradicional....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.