A Pobra oferta un curso de monitorado de ocio e tempo libre

05 Maio 2021

O Concello da Pobra vén de anunciar a posta en marcha dun curso de monitorado de ocio e tempo libre que constará dun total de 350 horas lectivas. A modalidade será presencial e abranguerá a parte teórica e práctica. A edil Amparo Cerecedo declaro que se trata “dun curso moi demandado, sobre todo, por xente nova”.

O curso será impartido nas fins de semana dos meses de maio e xuño, cunha tarifa de 220 euros por alumno, establecéndose unha bonificación de 50 euros na cota por distintas circunstancias: situación de desemprego, matrícula nunha titulación oficial, discapacidade, situación de risco ou exclusión social ou realización do período de prácticas municipais.

As persoas interesadas en asistir ao curso deberán cumprir unha serie de requisitos mínimos, deberán presentar a solicitude no rexistro do Concello tanto físico como telemático. Ademais achegarán unha copia do DNI ou identificación equivalente, o graduado na ESO ou equivalente, xustificante de pagamento e a documentación precisa para cada un dos descontos.

O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 7 ata o 13 de maio, ambos inclusive. Así, as prazas son limitadas e cubriranse pola orde de entrada. Por último, a obtención deste título posibilitará acceder á formación de acompañante de transporte escolar e manipulación de alimentos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.