A oitava edición do Certame de Novela Curta de Ribeira recibiu 29 obras a concurso

12 Maio 2021

O Concello de Ribeira fixo balance das candidaturas presentadas á oitava edición do Concurso Internacional de Novela Curta Cidade Centenaria de Ribeira. Segundo fixo saber, presentáronse ao certame 29 obras literarias, o “que supón unha cifra récord de participación dende a primeira edición deste certame, en 2006”.

O concurso xa está “visto para sentencia” logo da última reunión dun xurado que está composto por Xoán Xosé Fernández Callón (bibliotecario e historiador), María Jesús Blanco López (mestra e escritora), María Canosa Blanco (escritora), Alicia Padín Otero (normalizadora lingüística de Ribeira e coordinadora da Rede de Dinamización Lingüística de Galicia) e Sara García Sampedro, como secretaria do xurado, con voz pero sen voto.

O próximo venres 21 de maio ao mediodía está previsto dar a coñecer a identidade da persoa gañadora deste concurso, dotado dun premio de 3.000 euros e a publicación da obra galardoada en edicións Xerais.

Na última edición gañou o ribeirense Antonio Piñeiro coa súa novela Celada. Antes foron distinguidas Begoña Paz (con As mellores intencións, Ignacio Silva (Vertixes), Goretti Fariña (Orlando pendurado), David Pobra (Liña azul), Amadeo Cobas (A cacería) e Antonio Tizón (Un home estraño).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.