A música tradicional de O Son do Pote amenizará os martes de xuño nas parroquias de Lousame

26 Maio 2021

A Escola de Música Tradicional O Son do Pote e o grupo da UNED Sénior de Lousame comezaron este 26 de maio, en Aldeagrande, Lousame, una xira polas parroquias do concello. Co obxectivo de “promover a cultura segura e de levar a música á rúa”, este grupo de 30 persoas de entre 8 e 80 anos percorrerán as aldeas do termo municipal todos os martes ata o 22 de xuño.

Gaitas, pandeiretas, tambores, bombos e voces darán forma a un repertorio propio de música tradicional que inclúe rumbabria, pasodobres dos Matos, xota das Neves, foliada de Tállara, valse por terceiras, pasodobre Estreliña, pasodobre e muiñeira dos Viqueiras de Ordes e o pasodobre de Imende.

Fernando Docampo e Mariña Docampo dirixirán a este grupo nestes concertos a pé de rúa, nos que se asegurará o distanciamento e se cumpriran estritamente as medidas de seguridade en relación coa pandemia da COVID-19. “Estamos a vivir unha situación complicada a nivel social e por iso consideramos necesario fomentar a distracción, alegras as nosas tardes con música e ademais reivindicar as nosas tradicións”, explicou o mestre Fernando Docampo.

As vindeiras citas serán o martes 1 de xuño en Vilacova na área deportiva, ao lado da Taberna Vila da Cova e o martes 8 de xuño na área de Fruíme xunto a igrexa. As localizacións dos seguintes concertos concretaranse máis adiante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...